90 / 1000

«O celtismo é un mito nacionalizador como tantos, e cada pobo ten os seus»

Beramendi escribiu un libro que trata de sintetizar e facer amena a historia de Galicia

<p>
	© Sandra Alonso.</p>

© Sandra Alonso.

Nacido en Madrid, de nai vasca e pai madrileño, criado en Almería, e cunha avoa de orixe asturiano, tense por «un mestizo». Justo Beramendi (1941), hoxe «absolutamente galeguizado», é tamén catedrático emérito de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago (USC) e leva estes días ás librarías, da man da editora Turner, a Historia mínima de Galicia, que quere ser «unha síntese o máis completa e amena posible».

¿Por que é necesaria outra historia de Galicia?

Eu creo que a divulgación é unha cousa interesante que os españois acostumamos descoidar. Non sei se é necesaria ou non, porque o mundo ten necesidades moito máis apremiantes, pero está ben que haxa un libriño que poida achegar, tamén fóra de Galicia, unha aproximación da nosa historia, do pasado.

¿A idea é divulgar sen entrar en grandes profundidades?

Divulgación non quere dicir falta de rigor. A idea é facer unha síntese accesible e amena para os que non son especialistas. Porque os historiadores, cando facemos cousas para o nosa tribo, somos dados a largar uns tochos intragables. E non é tan doado meter dende o Paleolítico inferior até as Mareas en apenas 250 páxinas.

¿Como se fai iso?

Hai que ser moi esixente para seleccionar o máis importante.

E evitar profusión de datos...

Claro. E moita erudición. O que non quere dicir que inventes nada, que fagas unha novela. Expoñer as cousas que están fundamentadas, investigadas, e que afortunadamente son bastantes, nunha linguaxe sinxela.

¿O historiador segue loitando hoxe cunha imaxe de Galicia fixada por historiadores desde unha visión centralista de España?

Hai moitas historias xerais de España que seguen adoecendo dese defecto, non tanto como hai 50 anos. Cousas que foron importantes e aconteceron en Galicia ás veces nin se mencionan. Por exemplo, o levantamento de Miguel Solís en 1846, que tivo a toda Galicia levantada en pé de guerra case un mes, e esixiu un importante esforzo militar por parte do Goberno. Pero iso está moi superado se se considera a historia que se escribe desde Galicia.

¿Desde aquí hai a tentación de facer máis relevantes feitos ao mellor sen demasiada entidade?

Esa tentación existe, sobre todo, cando se escribe historia por parte de non profesionais.

 

Seguir leyendo

Libros relacionadosˇ
9788416354078
Historia mínima de Galicia
Historia mínima de Galicia
Justo Beramendi