89 / 1000

«O principal reto ao que se enfronta Galicia neste século é solucionar o problema demográfico»

Justo Beramendi presentou a súa «Historia mínima de Galicia»

<p>
	Justo Beramendi.</p>

Justo Beramendi.

O catedrático emérito de Historia Contemporánea Justo Beramendi (Madrid, 1941) presentou onte na librería Lume a súa Historia mínima de Galicia (Turner Libros), unha obra coa que pretende chegar a os lectores menos versados en Historia para que todos os galegos poidan coñecer de onde ven e onde van. Beramendi asegura que é un libro de lectura fácil e que desmonta algunhos mitos sobre o pasado de Galicia.

Servirá esta Historia mínima de Galicia para que todos teñamos un mínimo de cultura neste eido?

Ese é o obxectivo, está é unha colección destinada á vertente divulgadora para os lectores non especialistas en Historia. O importante é chegar a outro público, unha labor que os historiadores ás veces descoidamos. Antes de Historia mínima de Galicia xa viñeran Historia mínima de Cataluña e Historia mínima del País Vasco, así que a editorial propúxome facer esta a min.

Na obra desmonta moitos mitos, entre eles, que Galicia é un país celta.

Esa é unha realidade mitificada, como tantas outras. Por outra parte, os mitos contribúen a crear identidade, pero son cousas inventadas ou cousas ás que se lle deu a importancia que non tiñan. Sobre o tema dos celtas, é unha polémica que xurdiu no século XIX, cando se empezou a implantar esta idea de que os castros e demais eran celtas. Iso non é verdade, ou non é totalmente verdade. Nos castros e asentamentos hai elementos de carácter celta e tamén outros autóctonos. Os especialistas europeos poñen en cuestión isto dos celtas, porque ademais os celtas non son un único pobo ou unha única cultura, senón unha familia de pobos e culturas.

Cal é o capítulo da historia galega que a xente debería coñecer mellor?

En realidade descoñécese case todo, a pesar de que as escolas hoxe en día funcionan mellor que antes. Obviamente, os períodos máis descoñecidos son os máis lonxanos, como a Idade Media ou a Galicia do absolutismo monárquico, pero en xeral hai moito descoñecemento. Ás veces quedo abraiado vendo na televisión algúns programas de cultura xeral, porque os concursantes fallan preguntas que, seguro, na escola lles ensinaron.

Fala no libro dos retos de Galicia para o século XXI.

O problema máis grave ao que se enfronta Galicia é o demográfico. A xente ten problemas máis urxentes e palpables, coa crise, e non son conscientes das consecuencias que pode ter isto, porque son consecuencias que se manifestarán dentro dun tempo. A curto prazo hai outros problemas: a emigración, a precariedade da xuventude… Pero se Galicia non fai algo pronto co problema demográfico, non vai ter futuro.


Seguir leyendo

Libros relacionadosˇ
9788416354078
Historia mínima de Galicia
Historia mínima de Galicia
Justo Beramendi